Os sistemas electorais en África

1. Introdución.

O politólogo alemán Dieter Nohlen (1994, 34) define os sistemas electorais como aqueles que «contienen, desde el punto de vista técnico, el modo según el cual el elector manifiesta a través del voto el partido o candidato de su preferencia, y según el cual esos votos se convierten en escaños». É dicir, é o conxunto de normas e procedementos técnicos que se establecen legalmente para que os cidadáns amosen a súa vontade política.

Existen numerosos debates no ámbito político e científico entorno á importancia do sistema electoral e os seus efectos sobre os gobernos dos distintos países e entidades. Estas discusións están motivadas, en boa parte, pola complexidade da estrutura dos propios sistemas electorais, que conta cunha gran cantidade de elementos que poden ser combinados case de calquera xeito. Con todo, á hora de analizar o funcionamento e desempeño das diferentes formas electorais establécense catro áreas de interese: a distribución das circunscricións electorais, as candidaturas, a votación e a conversión de votos en escanos (Nohlen, 1994, 47).

Dende este enfoque, o tema que o presente traballo pretende abordar fai referencia ós sistemas electorais dos distintos países do continente africano. Neste sentido, a investigación dispón unha análise individual de cada Estado, co propósito de identificar primeiro as formas que toman na actualidade ditos procedementos electorais, para en segunda instancia tratar de dilucidar cales son os seus efectos e establecer un marco comparativo xeral.

Imaxe 1: Votación. Fonte: encampoabierto.com

 

2. Sistemas electorais por países.

Seguidamente, realízase unha descrición e análise dos sistemas electorais dos países africanos de maneira individual. Neste caso, o grupo de traballo Documentario foi o encargado de documentar os datos dos seguintes territorios: República Democrática do Congo, Santo Tomé e Príncipe, Senegal, Seychelles, Serra Leona, Somalia, República de Sudáfrica, Sudán, Sudán do Sur, Suazilandia, Tanzania, Túnez, Togo, Uganda, Yibuti, Zambia e Zimbabue. O resultado de dita investigación pódese ver aquí.

Imaxe 2: Países analizados neste bloque. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do Banco Mundial.

 

 

Para acceder á información dos países restantes pode visitar Documenteight e Documentatio.

 

3. Conclusións.

A historia recente de África está fortemente marcada polo proceso de descolonización que tivo lugar neste continente a partir dos anos cincuenta, de modo que a meirande parte dos países africanos son de recente formación e con escasa ou nula experiencia á hora de deseñar sistemas electorais. Por esta razón, moitos deles tomaron como modelo os sistemas propios do país colonizador.

Con todo, non se pode considerar que os Estados africanos no seu conxunto teñan un sistema político estable: as fronteiras decididas xeralmente de maneira arbitraria polas potencias europeas durante a colonización segue sendo unha fonte de violencia que frecuentemente paraliza a vida política. Así mesmo, a maioría dos países non teñen unha lei electoral propiamente dita, senón que é a Constitución a que indica como se realizan as eleccións.

Por outra banda, pódense atopar moitas diferenzas económicas e sociais entre os distintos países. O sector primario predomina na maioría das rexións, pero países como Exipto ou Kenya gozan dunha mellor posición económica grazas ao turismo, ó igual que Sudáfrica, que é o país máis rico do continente. Estes factores tamén inflúen en boa medida no nivel de democratización dos sistemas electorais, que adoitan ser máis avanzados nas zonas máis ricas.

Chama especialmente a atención que os gobernos na súa maioría adoptan forma de república. Só Lesoto, Marrocos e Suazilandia se constitúen como monarquías; esta última é un dos poucos réximes absolutistas que aínda permanecen no mundo. No caso das repúblicas, a maioría son de carácter presidencialista (Namibia, Mozambique ou Serra Leona): teñen unha clara separación de poderes e os partidos medianos e pequenos teñen maiores posibilidades de acadar representación nos órganos lexislativos. Pola contra, este tipo de gobernos teñen unha menor capacidade de resposta fronte unha crise xa que non existe a posibilidade de facer moción de censura e prodúcese unha clara tendencia ao bipartidismo para dar estabilidade ao país.

Tamén se observa unha cantidade importante de Estados con repúblicas semipresidencialistas (Madagascar, Malí ou Túnez), que incorporan maior flexibilidade con respecto ao presidencialismo conservando na figura do presidente un elemento de estabilidade. Pola contra, neste tipo de gobernos non está sempre clara a división de poderes nin a delimitación de competencias entre o presidente e o Primeiro Ministro.

No que respecta ao poder lexislativo, atópanse moita variedade en canto á adopción de sistemas bicamerais ou unicamerais. A principal diferenza entre ambas formas é a velocidade na toma de decisións e o nivel de seguridade nas mesmas: o bicameralismo soe ser menos eficaz e ten un maior custe operativo, pero aporta maior seguridade xurídica.

En canto ao sistema electoral, podemos distinguir dous grupos amplos: aqueles países nos que se elixe a partidos e presidentes por voto popular directo e aqueles que o fan a través de representantes previamente escollidos nas distintas circunscricións. Os resultados destes sistemas non difiren amplamente, pero no caso da votación non directa pódese afirmar que tende a crear institución bipartidistas no canto de multipartidistas.

 

4. Bibliografía.

Banco Mundial (Estados Unidos). “Población, total”. Banco Mundial, Washington D.C. Dispoñible en: https://datos.bancomundial.org/indicador/SP.POP.TOTL?view=map [Acceso: 2 outubro 2017].

Central Intellegence Agency (Estados Unidos). “The World Factbook”.Central Intellegence Agency. Dispoñible en: https://www.cia.gov/library/publications/resources/the-world-factbook/ [Acceso: 2 outubro 2017].

Crea África. “Documentación”. Crea África. Dispoñible en: http://crea-africa.org/documentacion/ [Acceso: 2 outubro 2017].

Expansión (España). “Demografía”. Expansión, Madrid. Dispoñible en: https://www.datosmacro.com/ [Acceso: 2 outubro 2017].

La Vanguardia. “Datos básicos y evolución política de Benín”.[en liña] La Vanguardia. Dispoñible en: http://www.lavanguardia.com/politica/20160304/40190062336/datos-basicos-y-evolucion-politica-de-benin.html [Acceso: 2 outubro 2017].

Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación (España). “Fichas país”. Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación, Madrid. Dispoñible en: http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/SalaDePrensa/Paginas/FichasPais.aspx# [Acceso: 2 outubro 2017].

Nohlem, D.“Sistemas electorales y partidos políticos”. [en liña] Barcelona Radical. Dispoñible en: http://www.barcelonaradical.net/info/6119/sistemas-electorales-y-partidos-politicos-dieter-nohlen-llegeix-lo-aqui [Acceso: 6 outubro 2017].

Observatorio Público y Electoral del mundo Árabe y Musulmán. “Ficha Electoral”. Observatorio Público y Electoral del mundo Árabe y Musulmán. Dispoñible en: http://www.opemam.org/publicaciones/20 [Acceso: 2 outubro 2017].

Organización Mundial de la Propiedad Intelectual. “Chad: Constitución del 31 marzo 1996 como enmendada”. Dispoñible en: http://www.wipo.int/wipolex/es/details.jsp?id=8038 [Acceso: 2 outubro 2017].

Prensa Latina. Dispoñible en: http://www.prensa-latina.cu/ [Acceso:2  outubro 2017].

SpainExchange.“Information about different countries for students”. SpainExchange. Dispoñible en: http://Studycountry.com [Acceso: 2 outubro 2017].

 

 

4 comentarios sobre “Os sistemas electorais en África

  1. Enumeración dos países investigados, ben. Mapa situando os países e a poboación (ben), pero a cifra é pouco lexible porque o corpo da letra é algo pequeno e faltaría ano entre paréntese.
    O dato de poboación necesita o (ano).
    Si se especifican distintos tipo de eleccións, no tempo de mandato habería que especificar segundo eleccións así como no número de escanos habería que dicir a que corresponde para ofrecer datos reutilizables. Sistema electoral que rexe (aludistedes a Nohlan e este autor especifica as variables dun sistema electoral). Cantos deputados e senadores. O mesmo sistema rexe no resto das eleccións. Os cambios no sistema era no electoral non na situación política (Congo).
    O presidente dos gobernos elixen os membros do seu gabinete, tamén pasa en España. O importante é como se elixe o primeiro ministro que en Santo Tomé e Príncipe non parece moi claro.
    Diferenzas hai entre lexislativas e parlamentarias e o presidente da Asemblea, como se elixe? (Senegal).
    Hai eleccións presidencias e para o primeiro ministro (Seychelles).
    Presidencias, parlamentarias e locais, o mandato é de 5 anos? A que se chama distritos administrativos, son o mesmo que locais? Que é un sistema electoral mixto? (Sierra Leona).
    O presidente somalí nomea aos membros do gabinete ademais do primeiro ministro? Deste mesmo ano, non serve, hai que dicir 2017 (Somalia).
    Non sei si está claro o sistema electoral (Sudáfriaca).
    Non está claro: non hai tipo de eleccións e sí aparecen 6 anos tempo mandado e tamén aparecen escanos, que significa criterios xeográficos? (Sudán).
    Falta número escanos e sistema electoral, e si se fala de tipo de eleccións. Non se entende ben (Sudán do Sur).
    Os membros da cámara de representantes non se elixen (Tanzania).
    Sistema electoral non queda claro, cuota-hare? (Túnez)
    As táboas funcionan como forma de estruturar a información e son doadas de usar. Faltaría explcar mellor o que pasa nos distintos países. Hai datos que non quedan moi claros.

    Me gusta

Deja un comentario