Valoración do traballo grupal

Rematada a nosa investigación sobre os sistemas electorais de África, o noso funcionamento como equipo foi satisfactorio, con boa comunicación e eficiencia, a diferenza do traballo conxunto do laboratorio que foi dificultoso de organizar, en parte por mor da falta de comunicación entre equipos.

En canto ao groso do traballo, a información a recabar pareceunos que non se centraba demasiado nos sistemas electorais e que faltaban datos como o tipo de sufraxio, a idade mínima para votar, tipo de circunscripcións… En segundo lugar, tratábase dunha información moi ampla e difícil de representar de forma visual e atractiva nun blogue e que, á vez, sexa de utilidade e represente todos os datos aos que accedemos.

Por último, no noso caso , África é un continente moi dispar no que se refire aos sistemas electorais de cada país, polo que é moi difícil facer unha conclusión xeral que englobe os casos específicos de cada un deles.

Por outro lado, este traballo serviunos para saber como funcionan os sistemas electorais de outros países, algo do que descoñecíamos a maioría da información. Tamén para aprender a identificar fontes fiables e oficiais e para seleccionar o dato concreto que se nos pide dentro dunha cantidade de información moito maior.

2 comentarios sobre “Valoración do traballo grupal

  1. Non sei si sirveiu para as fontes, xa que atopei certos problemas coas fontes. O feito de usar como referencia a Nohlan xa estaba implicando os trazos dun sistema electoral, que no proceso de documentación había que precisar: Con todo, á hora de analizar o funcionamento e desempeño das diferentes formas electorais establécense catro áreas de interese: a distribución das circunscricións electorais, as candidaturas, a votación e a conversión de votos en escanos (Nohlen, 1994, 47). Ou tamén era válido: Un SISTEMA ELECTORAL inclúe, basicamente, 3 elementos:
    – VOTO libre, igual, directo e segredo nos réximes democráticos.
    – FÓRMULA ELECTORAL – ou «sistema», en sentido estrito- que traduce os votos a escanos.
    – CIRCUNSCRIPCIÓN ou distrito electoral, territorio no que se presentan candidaturas que se van votar e ás que se vai aplicar a fórmula electoral.
    Estos elementos era do que había que falar no sistema electoral. Pero está ben apuntalo para telo claro. As investigacións teñen que axudar a incorporar datos e criterios.

    Me gusta

Deja un comentario