Comentario: anos 60 vs. anos 2010

Javier Piñeiro Maneiro

«Nunca podemos olvidar a historia para evitar cometer os erros pretéritos». É curioso que así se diga e que non se cumpla. Na década dos 60, atopámonos no mundo cun ambiente de crispación cada vez máis elevado. Nun contexto da Guerra Fría, que separou o mundo en dous bloques, un liderado por Estados Unidos e outro pola URSS. Estados Unidos se mostra coma o escaparate do éxito, onde tódolos desexos se cumpren. Pero isto non era así, pois aínda perduraba a loita pola igualdade de raza así como contra a discriminación ao colectivo LGTB+. Tamén en diversos países deste bloque séguese a loitar polos mesmos dereitos e libertades. Malia iso, as guerras entre os países pertencentes a cada bloque continuaban. É pois, que este é o primeiro paralelismo entre a década dos 60 e a década dos 10. Mentres determinados países do bloque occidental estaban loitando contra os do bloque oriental na década dos 60, na dos 10 se nos presenta o conflito con Siria, os ataques terroristas, e demais actos considerados coma calquera cousa menos humanos.

Pero nesta década non só se loitaba pola igualdade de xénero, de raza ou en contra a discriminación do colectivo LGTB+. A Segunda Guerra Mundial e a Guerra Civil española deixaron tras de sí tanto aspectos dos fascismos precedentes coma o propio fascismo defendido polo dictador Francisco Franco. Nesta década, Alemaña, que estaba dividida en 4 partes, sufriu un dos maiores golpes á humanidade. Na República Democrática Alemá, construírase un muro que separa a cidade de Berlín en dúas partes, separando a RDA e o enclave de Berlín Oeste. Este sería o tercer paralelismo que poderíamos facer. É pois, que nesta década, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, propuxo como medida tras gañar as eleccións un muro que separase Estados Unidos de México debido aos seus ideais xenófobos. Outro golpe á humanidade. Non obstante, non foi só Donald Trump quen quixo construír un muro, senón tamén o goberno español nestes momentos con Catalunya. Así pois, Carles Puidgemont dirixiu un proceso de convocatoria dun referéndum no que se votaría a favor ou en contra da construción dunha República Catalana que, segundo o Goberno español vai en contra da lei ao atentar contra a unidade de España. Certo é que vai en contra da lei, máis se ao comezar este asunto se dialogase, se escoitase a opinión do pobo, este tema teríase rematado moito mellor do que acabou, non coas accións e cargas policiais da man do Goberno español que non só provocaron feridos senón que fixeron que, Catalunya, dende o meu punto de vista, xa non queira dialogar con España.

No que respecta ás olas feministas e a loita feminista, poderíamos dicir que o que ocurría nos 60 e nos 10 a ser considerado como erros. Erros que non permiten acadar a igualdade que ten que rexer no mundo.

No ámbito económico sucede algo diferente. Así pois, os anos 60 foron unha etapa de recuperación económica en diversos países do mundo ou tamén de mellora económica, mentres que nos 10 nos atopamos cunha crise mundial, e falamos de mundial xa que, con paso do tempo a globalización foise consolidando e estreitando de tal forma que o que pase en X país pode afectar tamén ao país Y.

É por isto que penso que é curioso que a xente defenda que hai que coñecer a historia para non repetir os erros do pasado. Porque, a dicir verdade, o século XX foi un dos séculos máis conflictivos, tristes, e dolorosos de toda a historia. Porén, nesta década non é que a situación empeorase senón que adquire certas semellanzas anteriormente explicadas e denunciadas. Quizais o que convén procurar ahora é a resposta á pregunta: «Se seguen a ocorrer actos tan atroces, que é o que hai que hacer para evitar que isto suceda aínda coñecendo a historia?»

 

Uxía Pérez Fieiras

A música, o arte, a moda, a cultura, os costumes, a tecnoloxía. Todo está cambiando constantemente a medida que varían as demandas da sociedade. Os anos sesenta abriron as portas a un mundo agochado tralas miserias da Guerra Fría e dunha sociedade de consumo que condenaba a vida dos máis necesitados. Foi a década da rebeldía, da libre expresión, da busca dunha convivencia pacifista e igualitaria, aspectos que aínda hoxe estamos a protestar.

Eran tempos de soñar. A reclamación de liberdades materializouse en movementos sociais tales como o hippismo, o feminismo ou o ecoloxismo que loitaban por unha nova forma de vivir rompendo con todo o establecido ata o momento. A estas uníronse as proclamas dos grupos sometidos polas elites brancas, que comezan a ter certa presenza no mercado laboral.

Esta liberación partiu principalmente das novidades no ámbito musical que espertaron mentalidades que estiveran reprimidas durante moito tempo. Mais este discurso revolucionario non se plasmou unicamente na voz e na música da época, senón tamén na forma de vestir. A deseñadora británica Mary Quant popularizou a minisaia, suceso que marcou un antes e un despois no mundo da moda e na vida da muller.  Este fito protagonizou, entre outros, unha Segunda Ola Feminista que tiña como obxectivo materializar os dereitos acadados coa legalidade.

Polo tanto, podemos establecer unha comparación atendendo ás reivindicacións sociais que hoxe en día, na década de 2010, se plantexan en favor da igualdade: de xénero, de raza e de clase. Fronte á Segunda Ola Feminista atopamos a Terceira, que trata de solucionar tódolos erros que se presentaban nos 60 e impedían o avance pleno da muller na sociedade. En canto á loita pola igualdade de razas, cabe destacar o nomeamento de Obama como primeiro presidente negro dos EEUU.  Así pois, no que se refire ao ámbito político e económico atopamos amplas semellanzas. O clima bélico que observábamos nos 60 mantense aínda a día de hoxe podendo comparar a Guerra Fría, protagonizada por unha amplia carreira armamentista e sobre todo, nuclear, coas tensións entre Corea do Norte e EEUU ou mesmo a Segunda Guerra Mundial co conflito actual co Estado Islámico.

Dicía Emilio Tenti Fanfani que “esta juventud es muy cuestionadora también. La diferencia es que no disputa a las generaciones mayores el poder en la economía, la política, los campos donde mandan. La juventud ha logrado, por ejemplo, mayores equilibrios de poder en el ámbito de la vida privada. Hay espacios donde los jóvenes mandan. […] Hay un mundo donde ellos hacen lo que quieren: se visten como quieren, comen lo que quieren, hacen el amor como quieren, cuando quieren y con quien quieren.» A xuventude dos anos 60 vivían nun contexto de debate, de cambio, de revolución. Todo se cuestionaba. Todas as voces falaban. Era una época de crecemento económico, un mundo optimista no que a sociedade non se plantexaba o seu futuro. A década de 2010 está protagonizada pola incentidumbre, é una etapa de risco, de interrogantes. A xuventude deixou de crer que podía provocar un cambio mundial coas súas accións, e, en moitos casos deixan de intentalo. O mundo crecía. Agora, o mundo decrece. Agora xa non se soña.

 

Yaiza López Otero

É por todos sabido que se por algo se caracterizou a época dos 60 foi pola revolución hippie, ese grupo de mozos que comezaron a implantar a súa filosofía de vida basada no amor libre, a revolución sexual, a aceptación das diferencias culturais e étnicas, o pacifismo, o ecoloxismo e os dereitos polos que se mabifestaban, entre outras cualidades. Esta revolución asentou unha sólida base na vida moderna e influiu enormemente en termos da concepción do amor ou as relacións de parella e a manifestación polos dereitos, principalmente. Foron os impulsores do poliamor e da liberdade sexual fora das cadeas da heteronorma e, por outro lado, os que comezaron a manifestarse a favor da conservación de culturas para evitar a globalización.

No marco político, os anos 60 estiveron marcados pola Guerra Fría entre EEUU e Rusia, vivindo un momento de enorme tensión no ano 1962 coa Crise dos Mísiles en Cuba, cando máis preto se estivo de comezar unha guerra nuclear. A parte desta, as maiores crises vividas foron o bloqueo de Berlín e os exercicios Abble Archer 83. Actualmente, tamén estamos presenciando unha situación de tensión símilar con EEUU e Corea do Norte, ambas as dúas co seu armamento nuclear preparado para atacárense mutuamente.

Nos anos 60 constrúese o muro de Berlín, un dos golpes máis duros a Alemania tras a Segunda Guerra Mundial, dividíndoa en duas partes: a Alemania socialista e a Alemania da RDA. Centos de persoas perderon a vida intentando emigrar daquela Alemania que xa non os representaba. Actualmente, coa guerra en Siria, podemos ver certas similitudes: son refuxiados dunha guerra que non se ven seguros en ningures debido ao rexeitamento producido nos países de acollida. Miles de persoas perden a vida intentando fuxir da situación extrema do país.

Tamén nos 60 comeza a carreira espacial motivada pola Guerra Fría, e mándase a primeira persoa á lúa. Estas innovacións non cesan e actualmente podemos gozar de satélites artificiais creados polo ser humano xa durante os 60 e enviados ao espazo para facilitar as telecomunicacións, as prediccións meteorolóxicas a navegación ou como estacións espaciais. A propósito das telecomunicacións, son os estadounidenses os encargados de crear unha rede de comunicacións (ARPANET) que derivará no actual Internet.

A modo de conclusión, poderiamos pensar que a década dos 60 xa pasou hai moito tempo e non deixou pegada na actualidade, porén non é así. Foi nos 60 cando se empezou a esbozar a sociedade actual e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, as que actualmente son un elemento cotián nas nosas vidas.

 

Laura López Rey

Entre a década dos anos 60 e a década dos 2010 hai certos paralelismos evidentes, xa sexa por feitos que se iniciaron no século pasado e tiveron o seu desenlace na actualidade, como acontecementos que volven a aparecer no presente, pero en formas distintas.

No ámbito político, nos sesenta reinaba a Guerra Fría, onde lembramos a crise dos mísiles de Cuba, no ano 1962, e no cese de relacións entre dito país e Estados Unidos tres anos atrás. Foi no 2014 cando estes dous países decidiron retomar as relacións e levar a cabo un acordo bilateral.

Por outra banda, non nos podemos esquecer da carreira espacial que realizaron os dous países que dividían o mundo en dous bloques diferenciados. Foi iniciada polo lanzamento do satélite Sputnik e o viaxe de Yuri Gagarin, da Unión Soviética. Hoxe en día, está liderada por empresas privadas como Blue Origin, pertencente ao dono de Jeff Bezos.

No ámbito da cultura e do arte, chegou a beatlemanía nos anos 60, cando o pop levaba moi poucos anos existindo. Na década do 2010 o pop volveu á escena de novo.

Na actualidade, vivimos nun mundo máis libre, a pesar de que quede moito por facer, e isto ten a súa raíz nos anos sesenta, pois produciuse un gran cambio de mentalidade promovida pola revolución sexual, o movemento feminista e a loita polos dereitos civís das minorías raciais.

Por último, foi en 1969 cando apareceu Internet, e que se realizou a primeira conexión de computadoras en tres universidades de California. Hoxe en día, estamos nunha sociedade rede onde todo está conectado e pasamos gran parte do día comunicándonos a través dela.

 

Laura Martínez Gómez

«A veces me pregunto si estamos en 2016 o en 1962». Con estas palabras, o Primeiro Ministro ruso, Dmitri Medvédev, sinalou na Conferencia de Seguridade de Münich de febreiro de 2016 que o mundo se desprazara cara a «una nueva Guerra Fría». Estas palabras, pronunciadas ante máis dun centenar de ministros e xefes de Estado, non son a única evidencia de que os cambios que comezaron nos anos sesenta seguen vixentes nos nosos días. As ameazas dunha guerra nuclear, as guerras culturais e relixiosas ou as revoltas cidadáns contra o poder establecido (Maio 68, Revolución Cultural China ou a Primavera Árabe) son tamén mostras desta semellanza.

Son décadas de reivindicacións femininas, primeiro de loita por conseguir dereitos xurídicos e sexuais e, nos nosos tempos, por acadar unha igualdade de facto; é nos 2010 cando numerosas presidencias de Estados democráticos son ocupados por mulleres. Tamén a cultura se polariza nestas décadas: aparecen os movementos sociais anti-consumistas (os hippys nos sesenta e os hipsters nos dez), e o mundo olla cara o cine e a música dos Estados Unidos. O mesmo sucede no ámbito tecnolóxico. É nos 60 cando aparecen os ratos para facilitar o manexo das computadoras, as pantallas LCD e os LED, entre outros. Pero a principal revolución que veu da man desta década é a primeira conexión a distancia entre ordenadores, o que coñecemos como Internet. Todos estes avances, revolucionarios no seu tempo, forman parte agora do noso día a día.

Con todo, nos anos 60 a situación que se debuxaba no mundo era de recuperación económica trala posguerra: Europa e Xapón consolidaron as súas economías coas axudas internacionais, o que levou á economía mundial a un dos seus períodos de maior esplendor. Pola contra, a década dos 2010 está fortemente marcada pola crise económica mundial, con fallos na regulación económica, de crise enerxética e a ameaza dunha recesión en todo o mundo. Países como Grecia, Portugal ou Irlanda tiveron que ser rescatados.

 

Aldara Muíños Rodríguez

Tendemos a crer que a historia só vai cara adiante e que o pasado nunca se repite. Aínda que se o pensamos ben, existen moitos aspectos da nosa década que se asemellan ao que aconteceu nos anos 60.

O principal paralelismo, a nivel político e social, que se establece entre as dúas épocas son as numerosas revoltas cidadás, nos 60 a Primavera de Praga por exemplo e a loita polos dereitos civís da raza negra nos Estados Unidos e na actualidade a Primavera árabe nos países musulmáns, as guerras relixiosas e os conflitos nucleares, nos anos 60 a Guerra Fría e na actualidade a tensión crecente entre os Estados Unidos e Corea do Norte.

Tamén existen paralelismos na loita feminista, que por aquel entón loitaba por conseguir dereitos políticos e sexuais e agora para acadar a igualdade plena. A esta loita feminista hai que engadirlle no 2010 a loita polos dereitos do colectivo LGTB, que en moitos países non teñen permitido casar e en moitos outros son encarcerados como criminais.

É importante destacar tamén o empuxe que sufre a tecnoloxía na década dos 60, aparece internet, invéntase o marcapasos, en comparación coa década de 2010, que vivimos nun mundo completamente tecnolóxico no que non se pode facer nada sen un ordenador ou un móbil e que existe unha rede global de comunicación.

Pese a todas estas semellanzas existe unha diferenza bastante importante entre a situación económica dun período e outro. Os anos 60 foron unha década de alzamento da economía, de recuperación, porén desde o 2008 o mundo está inmerso nunha forte crise mundial na que case toda a poboación sufriu unha perda de poder adquisitivo.

 

Gloria Pérez Cacharrón

A historia repítese. Este é un feito claramente probable cando se comparan dúas épocas diferentes, como son a década dos 1960 e os 2010. Catro décadas de diferencia nas que xurdiron innumerables avances, tanto sociais como tecnolóxicos, políticos,etc., que non serviron para cambiar, a gran escala, moitos dos acontecementos diarios.

Ambas décadas están marcadas polos movementos sociais, as tensións e as ameazas de guerra. Xurdía nos anos 60 unha ola de feminismo que loitaba polos dereitos das mulleres, este movemento surxe unha renovación na década do 2010 para tratar de acadar unha igualdade plena. As revoltas pola loita dos dereitos dos cidadáns negros en EUA son comúns aos anos sesenta como á década de 2010. Culturalmente, tiveron un gran impacto na sociedade xuvenil os movementos hippy nos anos 60 e o hipster na actualidade, influenciando a gran parte da xuventude.

No ámbito bélico, a Guerra Fría protagonizada nos anos sesenta polos Estados Unidos e Rusia presenta moitas similitudes á actual tensión entre Corea do Norte e os Estados Unidos. Economicamente falando, os dous periodos de tempo representan situacións diferentes: nos anos sesenta o mundo recuperábase logo da posguerra, mentres que nos 2010 o mundo está gravemente afectado pola Gran Recesión.

Un comentario sobre “Comentario: anos 60 vs. anos 2010

  1. De acordo. Ben.
    Hai moitas coincidencias en acontecementos políticos, sociais de ambalas dúas décadas, polo tanto tamén hai un certo esquecemento aos cambios tecnolóxicos que usades de forma cotidián e que si supuxeron cambios e supoñen cambios agora mesmo. Non poderíamos estar falando da ciencia de datos si non se desenvolveran arpanet/internet.

    Me gusta

Deja un comentario